Mar 07 2008

Profile Image of Espiral
Espiral

Blog da Biblioteca do CEIP Fermín Brouza Brey

Publicado en 1:57 pm en Blogs de Centros

Nos presentan el blog  Blog da Biblioteca do CEIP Fermín Brouza Brey para la categoría de Blogs de Centros

 Presentámosvos o blog da Biblioteca do noso centro, desexando que sexa unha
maneira de dar a coñecer o que sucede nela.
Queriamos conseguir un nexo de unión entre a biblioteca e os nosos usuarios,
aproximarlles os servizos do centro con comentarios, imaxes e información contínua e actualizada así como a necesidade de cambiar a nosa biblioteca non só no aspecto físico senón tamén no aspecto conceptual, adaptándoa ás novas tecnoloxías

Despois dun ano de andadura, ao alumnado e ás familias resúltalles moi
gratificante saber que os seus traballos van ser difundidos fóra do centro.
Este espazo permítenos canalizar as inquedanzas de toda a Comunidade Educativa, albergar listas de enlaces e recursos interesantes, presentar as actividades do noso centro, ofertar recursos educativos, recomendar libros…
En resumen, atopamos no blog da Biblioteca unha potente ferramenta educativa da que nos sería difícil prescindir.

Hay 4 comentarios

4 Responses to “Blog da Biblioteca do CEIP Fermín Brouza Brey”

  1. Pilaron 25 Abr 2008 at 9:16 am 1

    Entramos na páxina e atopamos a biblioteca con toda a riqueza que ese centro de recursos contén, con todo o que supón como dinamización informativa e cultural da escola. E desa páxina a outras, ao seu clube de lectura ¡que tamén en primaria hai…!
    É coma se estes cadernos de bitácora se tiveran creado pensando nas bibliotecas escolares.

  2. Gracia Santorumon 28 Abr 2008 at 10:11 pm 2

    Un blogue que serve de ferramenta para saír das casas e do centro a un mundo diferente. Un blogue no que son protagonistas o nenos e as nenas, os libros, e o mundo da cultura en xeral.

  3. Juliaon 29 Abr 2008 at 9:44 pm 3

    Un blogue de referencia para @s que nos movemos no mundo da educación dos máis novos. Noraboa por ese fabuloso traballo que nos amosa o camiño aos que aínda estamos nos comezos

  4. Loly Lagoon 30 Abr 2008 at 8:23 pm 4

    Un fantástico blogue que amosa o labor que dende a súa biblioteca escolar se está a desenvolver.
    Parabéns polo voso magnífico traballo.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply

You must be logged in to post a comment.